Costumbres, tradición, gastronomía, trabajos rurales, vida vaqueira, saber popular

.

O diario da faneca
I

Adela Bértolo

Faneca brava, nº 6,
Ano II - Segunda xeira. Xaneiro, 2006 .
Asociación estudiantil e cultural
Faneca Brava.
e-mail: fanekabrava@gmail.com
Santiago de Compostela (A Coruña)

¡¡Ave meus boquerons en vinagreta!! Dende os mundos audiovisuais das nosas dorsais asómanse á nosa ribeira, navidades para o oficio dos trípodes e os Avids. Despois das salitrosos éxitos "Lorcha par un día" e "Caralleta e Sedal" chega ao naso acuario televisivo toda unha revolución dentro do mundo da non-fición.

Lonxa Geographic en asociación con Moluscos Production presen­tinggggggggg "Días de Bípedo e rosas" todo un mausoleo documental no que se tratará de resolver a perpíexa conduta duns animais que escapan ao noso coñecemento branqueal. Unha raza bípeda e paranormal asociada ao denominada taperware e o tecnolóxico software.

Revísase así a figura dunha especie de pouca xeitura. O homo-hominis, volve desatar o pánico no universo oceánico. Os expertos xa están a analizar unhas temibles vibracións que dende fai pouco están a ofuscar ata os máis raudos tiburóns. Despois dunha investigación especializada das nosas anguías pousinianas chegamos a relacionar o suposto temblor do mar cunha conduta máis que exaltada da nosa conveciña raza humana.

Ante tanta conmoción só hai unha explicación e non é a da botellón, senón a dunha tradición que se remonta aos tempos do rei Poseidón. O Homo mononeuronal tranquilo en apariencia acabou, despois das santas festas rituais, de practicar a convivencia deixándose levar por unha loita ensanguentada na que só os comerciantes teñen a batalla gañada.

Un silenzo desalentador, primeiro rastro delator, despois a canta atrás inque­dante, tenaz 5 4 3 2 1... xa comezan a berrar, homes e mulleres como autómatas, peleles, asaltando tendas e hipermercados en busca do prezo xusto ofertado. ¡Tem­blar, temblar que nas rebaixas vanvos mercar!! Pequenos moluscos pestilentes tedes as horas contadas porque as vosas entrañas comezan a estar mal pagadas.

Os prezos de El Corte Fanequil fan de vós un títere mercantil. ¡Ai consumisma vil! Ante o declive marcho coa cola en baixo esperando pasar desapercibida ante esta tolemia colectiva. Máis infarmación na proxima edición, meus repoludos anfitrións.

O diario da faneca
II

Faneca brava, nº 8,
Ano II - Segunda xeira. Abril, 2006 .
Asociación estudiantil e cultural
Faneca Brava.
e-mail: fanekabrava@gmail.com
Santiago de Compostela (A Coruña)

¡Ave María Purísima! Ave o mexillón e a longaniza e que viva o "Dominus" do mares e a súa Santa Trinidade: Pai (tritón), Filla (faneca) e espirito Placton. Estamos en días devotos, de máximo recollemento e dun gardado loito, pois a nosa Virxe Faneca "A Escamosa", señora das espiñas, celebra o aniversario do seu santo calvario. Chorando bágoas salitrosas lace esplendorosa cunha túnica de cunchas de mariscadoras de Toxa, con ribete de redes mariñas, algas verdes a modo de aureola e un "fajín" para apretar a cola.

¡¡¡Como unha Santa Madonna parece vestida a nosa faneca da ría!!! Diva relixosa que xorde dos mares para pasearse en procesión polos nosos lares. Devoción e contemplación, os fieis ao seu paso gritan con espectación ao ver chorar a Poseidón. Entre a multitude albíscase á Campanario de xeonllos rezando o Santo Rosario. Ofrecida á Virxe por ambiciosa nun intento de exhotar os seus pecados por non ter os seus cartos ben administrados. ¡Ai dos que se burlan da seguridade social, ¡recibirán da Nosa Señora Faneca salmonela fatal!. Tras a mártir van os tambores cun Carliños Brown cantando a modo de elexía o seu famoso "salvade a ría".

A esta paixón colectiva non pode faltar o malagueño con aires de porteño, que vén das américas a terras ibéricas a pediríle plegarias á Santa Faneca da praia. Falamos do Adonis Banderas que vai de capuchón emulando ao zorro enmascarado, esta vez como protector do Santo Graal e do libro Sagrado.

Por se lles parece pouco a procesión aquí teñen o resto da programación, marcada polos pasos relixiosos que seguirá a nosa faneca antes de servir como manxar na mesa. Os días de liturxia son os seguintes, séxanme consecuentes para non incaríle á faneca o jente: Domingo de Abastos, Xoves de reitura e degustación e segundo Domingo de retortixón (só se un se pasa co salpicón). ¡¡¡Per saecula saeculorum meus queridos centurións!!!

Volver a Esquisa literaria

Índice alfabético de contenidos