O panchón allerano
Versión portuguesa: Mónica Moreira Santos.
Publicado en el libro: Andecha lenense.
A la memoria del profesor Juan García García
Pola de Lena 1991 (p. 56)
Para comezar, ponse a ferve-la auga. Cando comenza a bulir, bótase a escanda cun pouco de lévedo; ó mesmo tempo vaise mesturando con algo de fariña branca, porque senon a masa fica moi afumada, dura e regañada.
Para amasalo, compre facelo envolvéndoo, de xeito que sempre fique compacto: amasar de fóra cara a dentro, e cara ó medio. Pero non fai falta sobalo. Máis tarde xa se lle pode engadir un pouco de sal.
Unha vez amasado, envólvese entre verzas como se fora un bolo, pero quedando máis ben esponxado, sen esmagar.
Déixase fermentar por un tempo curto. Logo, envolto nas verzas, introdúcese nun pote, co forno máis ben forte e ó roxo vivo. De cando en vez, vánselle dando voltas ó pucheiro, de xeito que coza por igual arredor, ata que se observe a codia case queimada.
Un pouquiño máis tarde, váiselle quitando a codia (case queimada) e esfaragullando o miolo aínda quente.
Cando xa está esmiuzado, no mesmo pote pónselle azucre ó gusto de cada un (como un quilo por tres de fariña), e manteiga (como medio quilo: metade cocida e metade crúa). Se cómpre, engádeselle unha pouca de auga para diluilo mellor.
Xa para rematar, quéntase un instante derriba da cociña de leña ou de carbón: hai que facelo a modo, e, se a cociña fora de gas, ó baño María.
E, para comelo, canto máis quente, mellor que mellor.
Elena Rego Méndez.
Volver al panchón allerano
Índice
alfabético de materias
Volver a actividades